Belén é una persona que se define con sinxeleza, una veciña máis de este concello.Din dela que sempre está aí, para botar una man e resolver problemas onde a necesitan.
Ángel defínese como una persoa á que se gusta estar ó aire libre, facendo deporte.É una persoa organizada e constante.Cando lle pos un reto por diante non para ata conseguilo, coa cabeza chea de novas ideas e afastada de convencionalismos.
Unha sorte para nós que una persoa coa traxectoria de Auri viñera dar a Ortigueira. Din dela que é una traballadora incansable e que ten una gran vocación de servicio. Ás veces esquécese de si mesma para facer cousas polos demáis.
Pola súa paciencia, o seu cariño pola xente e a súa tranquilidade para resolver os problemas do día a día, ademáis dunha gran memoria e capacidade organizativa, que foi quen de demostrar este último ano e medio á fronte da concellería de obras.
De Ana temos dúas certezas: é arquitecta e quere vivir en Ortigueira. Pola súa experiencia técnica e o amor que lle ten a esta terra,non podemos encontrar a ninguén mellor para este posto.
Mónica ilumina o mundo ao seu paso. É una persona dinámica, sensible e empática que fará grandes avances na diversidade cultural de Ortigueira.
Miguel traballa en contacto permanente co medio rural e coñece todos os problemas que o afectan: as pragas, as invasoras, a despoboación,e a necesidade de reinventar a economía para evitar a despoboación das parroquias.
As parroquias do municipio precisan de coidado diario, non só ós servizos senón ás persoas. Co fin de achegar a administración municipal ás parroquias e aumentar a participación dos mesmos na toma de decicións sobre servizos básico, educación, ocio,etc. Carrillo é una persona cercana, namorada de Couzadoiro e moi comprometida cos problemas dos seus vecinos.
O ámbito sanitario non é competencia directa do concello, mais é una das maiores preocupacións das persoas do rural. Loitar como interlocutora para una adecuada atención a estas persoas, especialmente ós colectivos máis vulnerables.
José Luis é un exemplo de cómo podemos vivir dos nosos propios recursos emprendendo no rural, e aportaranos o seu coñecemento e a súa experiencia para axudar a outros a que o consigan.
Vicente emprendeu o seu propio negocio fai uns anos. Ninguén mellor que él sabe cómo xestionar os recursos do Concello. Saber qué se precisa e cómo se deben coidar para que duren o maior tempo posible.
Esta terra precisa recoñecerós que nos precederon,os seus logros e as súas faltas, co fin de curar feridas e mellorar como sociedade. É un verdadeiro privilexio contar con Charo neste gobernó. A súa experiencia como concelleira e a súa filosofía de vida enriquecen grandemente este equipo.
Olga é mestra e logopeda prexubilada, licenciada en Pedagoxía. Está moi contenta coa acollida que lle deron os seus vecinos e veciñas cando veu a vivir a Mera. Cree que este proxecto de futuro e por iso da un paso adiante para apoiar esta candidatura.
Luís é albanel, especializado en rehabilitación. Polas súas mans levan pasado infinidade de muros de pedra. A súa vida transcorre en Mera coa súa familia, e achégase a esta candidatura para continuar apoiando o cambio co firme convencemento de querer botar raíces en Ortigueira.
Vane exerceu de concelleira estes catro anos. Aínda que precisa descansar e adicarse á súa vida profesional e personal, cre firmemente que este proxecto debe continuar e desexa apoialo cerrando este maravilloso equipo de persoas que constitúen para min o mellor equipo de traballo para dar continuidade ós retos que se lle van a presentar a Ortigueira nos vindeiros anos.