Os valores son o máis importante dunha persoa. As persoas que se presentan nesta candidatura, dan un paso ao fronte coas cousas claras e co firme convencemento de que este proxecto de desenvolvemento e progreso para Ortigueira é moito máis importante que calquera outra cousa.
Cada un deles ten claro o seu labor e están aquí para loitar polo seu pobo, cada un desde os temas que lle son máis familiares e cunhas liñas de actuación claras e concisas.
Aquí os tedes, para que saibades algo máis deles.