Catro anos despois de asumir o mando do Concello de Ortigueira, o Psoe ortegano volve a contar co apoio dos veciños, aínda que esta vez con maioría simple.
Así, o Psoe acada 6 concelleiros, o PP mantén os 5 concelleiros que tiña, o BNG deixa de ter representación, e aparecen no mapa político as dúas novas formacións de Ortigueira, Primeiro Ortigueira e CCD , cun concelleiro cada unha.