Categorías: Portada

Balance de xestión económica: débeda controlada e reducción do periodo de pago a proveedores

Cando chegamos á alcaldía, o noso grupo de goberno encontrouse con un municipio completamente endebedado. Dos 6, 4 millóns de euros de Orzamento, debíanse un total de 3.278.050, 66 €. Case a metade.

Ademais, concertado en 2012 e ratificado en 2014, un Plan de Axuste asociado a esta débeda cos bancos, que nos impide por un lado contratar persoal para o concello (cando alguén se xubila ou cando alguén está de baixa), e por outro nos ata tramitar contratos menores cada vez que os importes pasan de 3.000 euros, cando o normal e que o corte sexan uns 13.000 euros.

Isto provocou ao longo destes anos que se ralentizaran moito tamén os procedementos de contratación.

Hoxe por moito que digan, podemos afirmar que conseguimos eliminar por completo a débeda con entidades bancarias grazas ao plan de aforro e investimento da deputación da Coruña e a fondos propios do concello, que o fomos planificando ao longo deste tempo. Rematouse de pagar en setembro de 2018.

Hoxe en día o monto total da débeda do concello é de 1 millón 400.000 €, os cales non se consideran débeda estrictamente xa que nas arcas municipais hai neste momento 3 millóns de € que a poderían cancelar definitivamente. Este millón catrocentosmil correspóndese a unha devolución dunha subvención ao ministerio que tivo que facer o goberno anterior, e da que faltan por pagar 97.000 euros. O resto, 1 millón 300.000, correspondese co Plan de aforro da deputación da Coruña, que fai préstamos aos concellos para eliminar débeda.

Temos solvencia suficiente para eliminar esta débeda, que tampouco é deste goberno, senón do anterior, posto que a devolución é dunha subvención e o préstamo da deputación é para eliminar a débeda que contraeu o goberno anterior cos bancos.

Pensando no pago a proveedores e nos gastos correntes do concello, o goberno cree que é máis adecuado pagar estas dúas cousas pouco a pouco, xa que non teñen intereses, e as condicións de devolución son máis ventaxosas. Aínda que, se o decidimos entre todos, poderíamos pagalo xa.

En resumen, reducimos a débeda de case catro millóns a millón e medio, temos solvencia económica e non lle debemos nada aos bancos.

En canto ao pago de facturas: Cando o noso grupo municipal chegou ao concello empezáronse a pagar en primeiro lugar as facturas atrasadas do goberno anterior, que non so eran de 2015, senón que chegaban ao 2007. Ademáis existiu o problema de estar sen interventora case todo o resto do ano.

No primeiro recoñecemento extraxudicial, ían facturas do goberno anterior, que lastraron o orzamento do ano seguinte e isto foise encadeando. Pasaron logo outras dúas interventoras polo posto con maneiras diferentes de traballar.

Aínda así, logramos ir reducindo o importe de pago a proveedores dentro da subvención que nos da a deputación da coruña para ese fin.

Logrouse tamén con moito esforzo, porque hai moi pouquiño persoal en intervención, facer unha depuración de facturas de anos anteriores. E se non fora porque a oposición, no seu afán de parar o funcionamento do concello tarda como mínimo dous meses en darnos luz verde para pagar, seguramente xa teríamos isto posto ao día. Aínda sen o apoio deles, o período medio de pago é de 57 días.

Queda moito por facer, máis a evolución é boa. En 2015 e 2016 non fomos capaces de remontar a economía do concello, pero en 2017 e 2018 xa cumprimos cos parámetros da regra de gasto e a estabilidade orzamentaria, que non significan outra cousa máis que que estamos gastando menos do que ingresamos. Todo isto a pesar de que estamos deixando de ingresando case 60.000 euros menos ao ano debido a que non temos capacidade para facer a recaudación de IVTM,VADOS e RRSU, porque non temos persoal. Aínda que levamos a pleno dúas veces a súa deriva na deputación da Coruña, onde sí hai técnicos que se poden dedicar a isto, a oposición por desgraza bloqueou a nosa xestión.

Aínda así este ano, acabamos de pechar a conta con un superhabit de 1 millón e medio de euros, que se foi utilizando para pagar algunhas cousas e que esperamos, unha vez o pago de facturas se poña ao día, poder usalo para executar algún proxecto que beneficie a Ortigueira.

Solo se trata de traballar co concello como coa economía da túa propia casa. Hai dúas reglas importantes: simplemente non gastar máis do que tes e pagar as túas débedas da maneira máis ventaxosa que se poida.

E nada máis. O noso obxectivo económico e continuar así, lograr poder pagar as facturas ao mes, reducindo o período medio de pago, e dando tranquilidade as persoas que traballan para o concello. E niso estamos. Pelexando para logralo.

Compartir
Publicado por
Redacción

Últimas novas

  • Portada

Os valores da candidatura do PSdeG-PSOE para o Concello de Ortigueira

Os valores son o máis importante dunha persoa. As persoas que se presentan nesta candidatura,…

08/05/2019
  • Portada

Acto inaugural da campaña electoral no Centro Social do Porto de Espasante

Este venres comezamos a campaña electoral para as Eleccións Municipais do vindeiro 26 de maio.…

08/05/2019
  • Portada

Inauguramos a campaña municipal do PSdeG de Ortigueira coa clásica pegada de cartéis

Coa xa clásica pegada de carteis, comeza unha campaña electoral marcada por catro anos anteriores…

10/05/2019
  • Portada

Os orteganos apoian de novo a Juan Penabad Muras

Catro anos despois de asumir o mando do Concello de Ortigueira, o Psoe ortegano volve…

27/05/2019